«

»

May 29

Semana das letras galegas

Outro ano máis e xa estamos a celebrar con agarimo e moita ledicia o día das Letras Galegas, o día da nosa literatura!

Este ano o autor homenaxeado foi Carlos Casares.

 

Fixemos unha gran bandeira de Galicia de seis metros de longo e en papel!, chamámola ““A bandeira galega: Historia dos homenaxeados das Letras Galegas” e dividímola en cincuenta e cinco anaquiños tantos coma escritores agasallados no día das Letras Galegas.Mirade o gran traballo en cadea feito paseniñamente dende os máis pequenos ata os maiores.

Ademais os alumnos de 4º da ESO realizaron dous modelos de marca páxinas de creación propia que agasallaban  a figura de Carlos Casares e que posteriormente foron repartidos entre o noso alumnado.

E claro, como non! tamén cantamos e relatamos “A galiña azul” unha das obras máis coñecidas de Carlos Casares.

Queredes compartir con nós o ben que nolo pasamos?

Pois mirade…, aquí vos deixamos uns vídeos onde os nosos nenos e nenas son protagonistas das actividades desenvolvidas.



“A galiña azul”

 


Por todo isto os profesores queremos dar aos nosos alumnos/as os nosos parabéns.

Biquiños.