«

»

Dic 15

Pergamiño Vindel

Ondas do mar de Vigo,

Nós xa vimos o Pergamiño Vindel!

Os alumnos de 3º e de 2º da ESO tiveron onte o gran privilexio de admirar unha das nosas xoias literarias medievais, O Pergamiño Vindel!

A visita  trasladounos ao mundo do século XIII, etapa dun gran esplendor literario que nos aporta información fidedigna de como se desenvolvía a sociedade social e economicamente nunha época moi afastada da nosa.

Pois si! Nós xa podemos cantar a modo de provenzal:

Ai Deus saberá agora o meu amigo

que o Pergamiño Vindel está en Vigo?

A continuación  amosámosvos  o ben que o pasamos!