«

»

Dic 17

GAÑADORES DE METEOESCOLAS!

Todos os que formamos parte do proxecto Ventares e Zoares: o tempo en Valadares! estamos de celebración pois o noso proxecto obtivo a máis alta puntuación das outorgadas por MeteoGalicia e acadou un ano máis (e xa van tres!) a distinción de Proxecto de Excelencia pola Xunta de Galicia.

Na reunión de participantes do proxecto Meteoescolas, celebrada o pasado 23 de novembro en Santiago de Compostela, entregáronnos o diploma acreditativo, novo instrumental para engadir á nosa caseta meteorolóxica, e felicitáronnos polo noso traballo. Así que  tiñamos que celebralo!.

E que sería una celebración sen algo saboroso para comer????

E non hai nada mais saboroso no mundo que o chocolate….

TORTA DE CHOCOLATE PARA TODOS!!!!!!!!

Ademais a dirección do Colexio agasallou a todos os alumnos e profesores cunha chapa co logo do proxecto que deseñaron rapaces da ESO.

Todo isto fai que collamos novos folgos porque Ventares e Zoares comeza de novo!