«

»

Dic 17

“A ciencia en galego: O noso litoral” Obradoiro

O pasado xoves 14 de decembro realizamos a actividade: “A ciencia en galego: O noso litoral. A zona intermareal”, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo na nosa escola.

No obradoiro, unha experta en Bioloxía ilustrou as partes nas que se divide a zona intermareal, que podemos observar cando imos á praia de Samil, de Rodas ou de Praia América no verán.


Ao longo da súa presentación amosounos exemplares de filtradores e outras especies coma os balanos ou os tomates de mar. Tamén expuxo distintas algas (pardas, vermellas e verdes) sen esquecer as algas “fucus”, as máis comúns no noso litoral galego.   

Ensinounos como estas especies compiten polo espazo e como loitan contra as diferenzas de temperatura, o desecamento e máis os depredadores. Ademais contounos como se forma a area das nosas costas.

Finalmente permitiunos manipular a súa colección de exemplares mariños que, ademais dos seres vivos mencionados previamente, tamén incluía cabaliños de mar, estrelamares, ovos de raias ou ourizos mariños.

Antes de marchar convidounos a concienciar á nosa comunidade educativa e fixo fincapé en que cómpre conservar e protexer a biodiversidade do noso fermoso litoral.