«

Dic 30

Compartimos o Nadal

O pasado mércores catro alumnas do noso centro (Atenea, Antía, Ana e Iria) acompañadas pola profesora Patricia Dapena,  achegáronse ata o local da ONG A LAS 5 para facer entrega dos doces navideños que recollemos para eles.

Dende o Colexio Barreiro queremos felicitar o Nadal a todos os voluntarios e usuarios da ONG, e agradecer que nos permitades compartir con vós o Nadal.