«

»

Ene 13

Gran festa de Nadal no Colexio Barreiro

Outra gran festa de nadal no Colexio Barreiro!

O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria cantámos unhas panxoliñas moi divertidas para un público moi especial…

Os Reis Magos!

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 


E tras unha boa sesión de música, entregámoslle a carta aos Reis!

Os rapaces e rapazas de 3º a 6º de primaria comezamos a festa cuns xogos na clase, para despois ir a desfrutar dunha marabillosa obra de teatro a cargo das nenas e nenos de quinto e sexto.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Ao rematar a representación chegou o momento de máis música.

Os alumnos da ESO non se perderon a festa! Entre outras actividades, destacou o clásico certame de Panxoliñas Plurilingüe!