«

»

Abr 15

NA PROCURA DO TESOURO – MÚSICA TRADICIONAL

O 11 de abril os alumnos de terceiro e cuarto de primaria foron ao teatro Abanca a ver esta obra representada en galego e con música en directo.

Xurxo vai en busca dun tesouro e unha moura dálle as indicacións necesarias para poder atopalo. Para conseguilo precisará a axuda dos seus amigos e do cancioneiro galego. A través de cancións populares e a música de diferentes instrumentos conseguirá vencer á serpe e atopará o tesouro, pero ese tesouro non será nin diñeiro nin xoias.

Durante a representación os nenos tiñan agochados algún obxectos que eran precisos para que Xurxo resolvera os enigmas e, nenos de distintos colexios saíron ao escenario a axudalo.