«

»

Jun 06

Instrumentos Populares Galegos

O pasado luns 4 de Xuño tivemos de invitados no cole a Roberto Cendón e Suso Costas, dous papás súper marchosos duns dos nosos alumnos de infantil. Viñeron a amosarnos e explicarnos unha chea de cousas moi interesantes sobre os instrumentos propios da música popular galega ou folk. Puidemos ver e escoitar desde unhas culleres ata unha zanfona, pasando polas cunchas e a gaita. Moitísimas gracias pola mañá tan musical.
Aquí deixámosvos unhas imaxes e vídeos da xornada.