«

»

Jun 26

Bailes e Festa!

O día 20 de xuño, no CPR Plurilingüe Barreiro celebramos a festa de fin de curso, á que asistiron as familias dos nosos alumnos. A mañá comezou co acto de graduación dos alumnos de 6º de primaria, parabéns a todos e desexámosvos moita sorte na vosa nova andaina na ESO. Posteriormente realizaron unha obra de teatro trilingüe, creada por eles; “Unha lúa de mel non moi doce”. Ao finalizar, deuse paso á obra de teatro protagonizada polos alumnos de 5 anos; “Vaiana”, quen ao concluir a festa celebraron o seu acto de graduación, xa que en setembro, verémolos a todos en primaria. A continuación, saímos ao exterior para dar comezo aos diferentes bailes que estiveron a practicar con moita ilusión, para este día. Desde o centro, esperamos que tanto as familias como os alumnos, gozásedes moito deste día, que con tanto entusiasmo preparamos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Para despedir este magnífico curso, o 21 de xuño, celebramos unha festa ao grande. Toda a mañá estivo chea de diversión para grandes e pequenos, puidemos celebrar torneos de fútbol, subirnos aos inchables, cantar no karaoke, “fíxose o que se puido”, facer chapas personalizadas, xogar no futbolín humano, subir ou tentalo, no touro mecánico…

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Como gran colofón chegou a esperada FESTA DA ESCUMA, a cal sempre nos deixa momentos moi divertidos e inesquecibles tanto para alumnos como para profesores. Esperamos que o pasarades moi ben, que gocedes das merecidas vacacións e vémosvos á volta! FELIZ VERÁN!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.