«

»

Abr 07

Eu cociño, ti cociñas?

Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria, disfrutamos dunha obra de teatro xenial; Eu cociño, ti cociñas?

A obra trataba dun curso de cociña impartido por un cociñeiro chamado Coki, que lle encantaba innovar, e a súa aprendiz que non deixaba de dicirnos que “con amor todo sabe mellor”.

Fixeron diferentes pratos e todos eles foron acompañados de música en directo, cancións e mesmo puxémonos a bailar rock.

Pasámolo xenial durante toda a obra e voltamos á escola moi contentos!!