«

»

May 14

Ledicia Costas charlou con nós!

A semana pasada visitounos unha das nosas escritoras favoritas. Coas súas palabras transportounos ós
mundos marabillosos que crea nas súas obras: falamos de mortos, de unicornios, das meigas Albinas, da caverna dos escaravellos, de receitas fantasmagóricas, de corvos, da escola de artefactos e oficios,…

Foi moi agradable poder compartir con ela un anaco do seu tempo para preguntarlle algunhas preguntas sobre o contido e estrutura das súas obras que este ano traballamos no colexio.

Dende aquí querémoslle agradecer a súa visita e mandarlle os nosos parabéns para a súa novela que está a piques de publicar.