«

»

May 27

Antonio Fraguas, “O bo mestre, o mestre bo”

O bo mestre, o mestre bo”, este é o título do libro escrito por Hector Cajaraville no que nos amosa e define a traxectoria vital persoal e profesional de Antonio Fraguas.

Este ano volvemos celebrar o noso día, O Día das Letras Galegas, homenaxeando a Antonio Fraguas, gran referente do noso saber tradicional, que se adicou apaixonadamente á xeografía, á historia, á arqueoloxía; e tamén a amosar a cultura campesiña a través das nosas festas, crenzas, romarías, cantigas, usos e costumes, ditos e refráns.

E nós, outro ano máis, celebramos con agarimo e ledicia este día no que , xa hai moito tempo, se publicou “Cantares Gallegos “ da nosa Rosalía de Castro.

Os alumnos de 5º e 6 de primaria representamos unha pequena obra de teatro para o alumnado de primaria e infantil.

Os nenos e nenas de infantil cantaron “Carmiña, Carmela”; “Corre corre cabaciña” e “ Cocorico”.

E unha vez rematada a representación teatral puxémonos mans á obra na personalización dunhas pequenas bolsas de papel no que cada un de nós deixamos voar a nosa imaxinación para así conmemorar o Día das letras Galegas.

Parabéns para todos!